Album de Fotos

sábado, 19 de septiembre de 2009

FELIZ CUMPREANOS, CHANEIROS


TRA-LA RESACA DO FESTIVAL, OS AGRADECEMENTOS

A Asociación Artístico-Cultural “Os Chaneiros” quere agradecer sinceramente toda a colaboración recibida para a realización dos actos conmemorativos do seu 35 aniversario.

Especialmente, queremos agradecer a axuda prestada polo Concello de Marín, e especialmente, a Concelleira de Cultura, Dona Esther Crespo e ó Alcalde D. Francisco Veiga. Do mesmo xeito á Xunta de Galicia, á Deputación Provincial, á Obra Social de Caixanova.

Tamén queremos agradecer a colaboración dos comerciantes e empresarios de Marín que, coas súas aportacións, fixeron posible a realización de todos estes actos.

E finalmente, non podemos esquecer ós medios de comunicación que, tan amablemente, cubriron os actos e fixéronse eco de todos os nosos comunicados.

O noso máis sincero agradecemento a todos os que fixeron posible este exitoso reencontro das distintas xeracións que formaron parte do Grupo.

Aproveitamos esta nota de agradecemento para comunicar, e pedir que se faga público, que na Exposición “Os Chaneiros: 35 anos de historia” que está a ter lugar no Museo Manuel Torres, terá lugar a Proxección dunha montaxe audiovisual feita a partires das cintas de vídeo aportadas por exchaneiros, así como as cedidas polo Museo “Os nosos Devanceiros” de Maceda (Ourense).

Esta proxección poderá verse os sábados e domingos que restan do mes (a exposición remata o 30 de setembro), no mesmo horario da exposición.



Reunión de Ex-Chaneiros, con el Padre Marino dirigiendo

Despois dos agradecementos, queremos recordar eses momentos cheos de emoción para todos.

Xa no museo Manuel Torres, os momentos máis especiais correron a cargo dos propios homenaxeados, Marino e Antonio. Tamén quixeron formar parte desta homenaxe Elixio Rivas, Julio Santos e Pucho Teijeira.

Os actos centráronse na homenaxe ós 3 compositores do grupo (Marino Domínguez, Antonio Fernández e Francisco Landín), ó fundador do grupo (Marino Domínguez); e ó Colexio San Narciso, por ser o noso fogar despois de tantos anos. Ademáis disto, procedeuse á interpretación dunha peza de cada autor.

Logo do acto oficioso, dirixímonos ata o restaurante "A Goleta", para gozar así dunha cea de confraternidade e de moitos, moitos recordos. E como non procedía doutra forma, pois que mellor Final de Festa que caseque tódolos membros e ex-membros do grupo tocando baixo a dirección de Marino. Sen dúbida, un soño para moitos e para o propio Marino, o cal xa non contaba de saber nada máis dos seus queridos Chaneiros.

Se queredes ver as fotos tomadas na cea, estamos a crear un album de fotos para que todos poidades velas e descargalas. Esperamos que sexa do voso agrado.

E en breve, farémolo comentario do que foi o Festival en si. Do cal tamén hai moitos detalles que engadir.