Album de Fotos

viernes, 15 de octubre de 2010

"Un País para Comerselo"

Outra vez na tele.

Onte, 14/10/2010, saímos na TVE no programa de Imanol Arias e Juan Echanove. Isto foi gravado en Febreiro, despois do Entroido, xa choveu daquela.

O importante e que se lles mostrou unha parte da cultura galega e da festa que aquí se fai.



O malo e que se quedaran sen bateria para grabar a Echanove tocando "Asturias Patria Querida" (non procedia moito, pero en fin!), cunha das gaitas do grupo. Ademáis nunca esqueceremos a anécdota, o divertido que foi e o ben que o pasamos con estes dous persoaxes.

Tamen recordamos a colaboración que fixeron algún dos nosos membros con "Foula de Cotobade", no programa da TVG "Luar"

miércoles, 15 de septiembre de 2010

Curso 2010 - 2011

Novo Curso 2010 - 2011

Dende a Asociación, queremos convidar a inicia-lo curso a todo aquel que o desexe e teña gañas de aprender no ámbito do folclore galego.

"Os Chaneiros" son un grupo de gaitas formado hai 36 anos, con moitos capítulos importantes na súa historia.

O Inicio das actividades este ano, que comezarán en Outubro, abarcan dende clases de percusión e gaita, ata clases de baile e pandereteiras, con actividades para tódalas idades. Tamen participan en moitos actos o longo do ano, como pode ser o Magosto, Xamaín, Entroido...

O grupo conta con profesores da talla de: Christian Castrelo (gaita), Miguel Fraguas (percusión) e Lola Fernández (pandereteiras); que xa o seu nome son unha garantía.

O día 1(venres) comeza o curso cos rapaces pequenos. Ás 16,30, pandeireta e canto e ás 18,00, baile.

O día 2 (sábado) o ensaio dos maiores a partir das 10,30 ata as 13,30. Nel se tomará parte nas clases de iniciación e perfeccionamento de gaita e percusión.

Este curso será realizado no Colexio "San Narciso", sede do Grupo dende os seus inicios.

A qué estades agardando?????









jueves, 2 de septiembre de 2010

Vaise acabando a tempada


Un verán completo

Despois de todo o verán sen ter moito tempo para actualizar, faremos un pequeno resumen.

Este ano estamos batendo récords de actuacións, o cal ten a súa parte boa e a súa mala.
A boa, xa se sabe... canto máis traballo, mellor; pero a mala e que todos necesitamos un pequeno descanso.
Dende o máis pequeno ata o máis maior, pasando ata polos pais e directiva, este verán foi pleno de actuacións.

Actuacións das que estamois moi orgullosos e nas que deixamos o noso selo de calidade, bo facer, e ganas de divertirnos. Témo-lo pasadao moi ben este verán, ninguén o vai negar.
Quinteto en Combarro

Cabe tamén salientar que as nosas pandereteiras/cantareiras "As Chaneiras", completaron o calendario de actuacións con concertos por libre e que xa dan a entender que son un grupo maduro e preparado para facer cousas sitas nun escalón máis alto. A ver que sorpresa nos agarda este ano con elas ;) . Para ir abrindo boca, xa teñen o seu propio Facebook, buscádeas como: Pandereteiras As Chaneiras, ademáis de ter o seu correo propio: aschaneiras.marin@gmail.com

As nosas rapazas, sempre cunha sonrisa

E a tempada aínda non chegou o seu fin. Entre as de sempre de Setembro, engádense Vodas, a Festa do Nazareno na Pobra do Caramiñal... vamos, que queda traballo por facer.

E por se non nos chegara, imos a aproveitar o primeiro fin de semana de Setembro para ir a FEIRA FRANCA de Pontevedra, pero iso si, de festa e o noso ritmo. E non nos olvidemos de esa festa marinense chamada San Migheleiro (último sábado deste mes), no que xa é parte da tradición Os Chaneiros tocando e animando a festa. Se nos queredes localizar, por ahi estaremos.

Para rematar, estade atentos todos os que teñades pensado apuntarvos a Asociación este ano, xa que en canto teñamos decidido como vai ser este curso escolar (confiamos que a finais desta semana), xa colgaremos como van ser os horarios e as clases, así como hai que facer para apuntarse... pasiño a pasiño. Se queredes preguntar algo, non vos privedes.

miércoles, 19 de mayo de 2010

II Serán de Mogor


II Serán de Mogor

En colaboración coa Asociación de Veciños "Laberinto de Mogor" organizamo-lo II Serán de Mogor.

Estades todos convidados a vir, tocar, cantar e disfrutar.

Non volo perdades!!

miércoles, 10 de febrero de 2010

Año Nuevo... e o traballo continúa

Outro ano máis estamos a comenzar, e como nas boas empresas, o traballo nunca falta.

Onde xeralmente acaba a tempada para o resto dos grupos, para nós foi un continuo traballo. Lexos de descansar na tempada estival, atopámonos cun inicio de ano cheo de actuacións.

Comezando pola Memoria Histórica, na que se fixo a homenaxe ós fusilados da guerra civil de 1936, realizado no paseo marítimo o 31 de Decembro.



Así mesmo, se realizou unha serie de concertos de nadal no Centro de Maiores de Pontevedra e no de Marín, realizados o día 3 e 5, respectivamente. Pasando a facer a Recepción dos Reis o día 6 no Centro de maiores de Marín.

Tamén se participou na "VI Mostra de cuartetos tradicionais", organizada pola Federación Galega de Gaitas e o cuarteto marinense Picuíña, e na que se tocaron pezas da autoría de Francisco Landín Pazos.

Cabe tamén destacar a actuación benéfica en prol dos afectados de Haití, realizada no Instituto de Marín "Illa de Tambo".

E o traballo non termina nestas actuacións, senón que mantemos as de menos repercusión, coma Bodas, San Blas ...

Tamen hai sitio para os nosos "grandes" pequenos, cumpríndolle o cobizo de ir o entroido pontevedres e mariñenense nunha carroza coa temática actual de Bob Esponja.

E ata o momento cabe suliñar momentos tan inolvidables coma a actuación realizada na praia de mogor o 18 de Febreiro, na que se participou na festa de dous grandes: Imanol Arias e Juan Echanove; que viñeron ata o Morrazo para promocionar a nosa Gastronomía no programa de TVE "Un país para comerselo"; e no que puidemos compartir anécdotas con estes dous actores do panorama actual.

En fin, un comezo de ano agotador. Xa iremos contando máis novas, que os folgos non dan pra tanto.