Album de Fotos

domingo, 17 de abril de 2011

As Nosas Chaneiriñas


Chaneiras
As Chaneiras foi un grupo de pandereteiras creado nun inicio para complementar á banda de gaitas, e realizar actuacións máis completas. Pero da mesma forma, tamén se creou coa intención de ter vida propia e o coller pulo teren a sua propia entidade.

Pouco a pouco, ésa idea vaise plasmando na realidade, e xa se pode dicir que estas chaneiriñas saen do niño e captan máis a atención que a propia banda.


Co obxetivo do Disco para finais do 2011 - principios do 2012, verase recompensado ese traballo que xa casi fan 3 anos, dende a súa creación. Unha subida da súa calidade e estilo diferenciador, que crece de forma exponencial coma os máximos referentes deste grupo.


Inda quedan moitas portas por abrir, pero o bo, e que cada vez que se abre unha nova, descúbrense novos retos e ledicias, que fan coller pulo a estas rapazas, que desfrutan en cada unha destas portas.

Xa son varias as súas saídas na prensa, pero destaca a reportaxe exclusiva que se fai no "Diario de Pontevedra", no seu suplemento "Semana" do 17/04/11, nos que se lles dedican un par de páxinas ás nosas rapazas. Aquí tendes o enlace para poder miralo. [En proceso de montaxe :P]

Ledicia, amizade, esforzo e talento. Estas son as consignas que moven as velas deste barquiño de Chaneiras, e mentres naveguen con estas consignas, chegarán a bo porto, e o seu son poderá ser escoitado e desfrutado por todos. Ése é o noso maior desexo, que non só nós poidamos deleitarnos cos seus sons, senón que todo o mundo poida.

Un exemplo disto ocorreu fai unha semana, no estreo do "Parque dos Sentidos", en Marín. No que as rapazas puideron ser escoitadas por moita xente de Marín, deixándoos sorprendidos e puidéndose escoitar perlas coma: "¿E tiñamos este grupo en Marín?"; da xente que todavía non as coñecía, pero de que agora, estamos seguros, non se olvidarán.

Eiquí tendes un video actualizado das rapazas, para que se vexa o salto con respecto os videos que estan eiquí colgados e o cambio experimentado.



Mención especial teñen as preciosas fotos, realizadas pola nosa fotógrafa particular Sabela C. Ruibal, á que lle temos gran cariño e lle damos as gracias dende eiquí.