sábado, 23 de julio de 2011

Var con Uve - Hoxe a noite


Hoxe
, día 23/07/11, As Chaneiras actuarán no "Var con Uve", de Moaña. As rapazas serán as encargadas de inaugurar o "I Certame Provincial de Canción de Taberna" ás 22.00 horas. Agardamos que todos os que queiran ir e desfrutar con elas, se poidan achegar.

Tamén actuarán o conxunto Los Tonys, procedentes de Vigo.

Para facilitarvos un pouco o camiño, poñémosvos un enlace no Google Maps, no caso de que non saibades chegar.



Agardámosvos a todos alí, e a disfrutar da música!!!

Por certo, seguimos a recordar que o próximo Venres, día 29 ás 16:30, estarás As Chaneiras no programa da Televisión de Galicia: "A Solaina". É outro deses momentos máxicos que non vos podedes perder.

As rapazas, con moita ilusión, mándanvos un gran bico a todos os que confiastes nelas. Graciñas


0 Responses:

hit counter