Album de Fotos

sábado, 6 de agosto de 2011

As Chaneiras en "A Revista" da TVG

As nosas Chaneiriñas seguen no "candelero" grazas a colaboración coa Televisión de Galicia, TVG.

Esta vez de man do programa do mediodía "A Revista", da citada canle. O luns ás 12:40 e cando dará comezo o programa no que sairán as nosas rapaces.

Coma sempre, agradecemos a toda a xente que está animando, tanto activamente, coma pasivamente dende a súa casa. As rapazas xa recibiron moitas felicitacións da xente coa que se atopan, e elas, agradecen ese apoio incondicional que están a ofrecer. Dende logo, encantanos saber que a xente, tanto de Marín coma de fora, se reune para poder velas cantar. Moitas gracias!

 Despois da súa aparición no programa "A Solaina", a xente quedou con ganas de máis cancións, polo que teremos outra oportunidade para disfrutalas.
Non volo perdades, xa que as rapazas teñen moita ilusión con estes proxectos preparatorios para o disco, que comezarán a preparar o viendeiro mes de setembro.

 Coma sempre, se non podedes ver o programa, non pasa nada, xa que o subiremos dende eiquí.

Podedeas seguir tamen polo Facebook, buscadeas como "Pandereteiras as chaneiras"

Esperamos que o desfrutedes!

miércoles, 3 de agosto de 2011

Gran actuación das Chaneiras en "A Solaina" da TVG

As nosas Chaneiriñas seguen a crecer e crecer, e pouquiño a pouco vanse formando coma artistas. Os obxectivos cúmprense e sempre se tira para adiante; ése é o esprito rapazas.

A espera na Sala de Invitados
Este Venres, actuaron o grupo de pandereteiras "As Chaneiras" no programa da Televisión de Galicia "A Solaina", presentado por Sandra e Ricardo.
Ademáis de actuar na TVG, axudaron os nosos amigos de Chan das Pipas a promocionar a súa festa do viño. Tesi foi a encargada de poñer o bo humor xunto co presentador Ricardo. Se ata parece que leva traballando toda a vida na televisión.

Tesi, Chelo, Sali, Jara, Sabela e Lucía; deixaron o pabillón ben alto, aínda que foi unha lástima que non lles permitisen actuar coas dúas cancións iniciais, pero índa así puideron desplegar o seu potencial. Alédanos pensar que moitos aproveitarían a ocasión para reunirse nas casas, e desfrutar con elas.

Deixámosvos o video para que opinedes por vos mesmos.



E para rematar o día, que mellor que estar na catedral de Santiago e, para sorpresa de todos que non sabiamos de que ía a cousa, alucinamos cos marabillosos efectos das luces, sons e fogos de artificio da catedral nos "Fogos do Apóstolo 2011".... algo único e inesquecible. Había que estar alí!.

Para mostra, un botón (o primeiro enlace funciona perfectamente, aínda que poña algunha mensaxe rara):







Por suposto, agradecer a todos os que apoiades a estas rapaces dende os seus inicios. Moitas gracias!!!