Album de Fotos

jueves, 17 de mayo de 2012

I Concurso Infantil do Memorial Antonio Fernández




A Asociación Artístico Cultural “Os Chaneiros”, coa colaboración do Concello de Marín e a Deputación de Pontevedra; ten o orgullo de poder honrar a memoria, e destacar a súa figura, do noso ben querido cofundador e compositor do propio Grupo de Gaitas, Don Antonio Fernández Rodríguez.

Créase o “I Memorial Antonio Fernández” con diversos fins. Un deles é o de recordar o seu nome e ensalzar a súa obra, non só polos veciños de Marín, senón tamén en toda Galicia.
As cancións de Antonio Fernández estaban compostas na súa gran maioría para rapaces, polo que o concurso irá enfocado a os rapaces.


MODALIDADE 

  Cuartetos de gaitas e percusión tradicional galega.


CATEGORIA

Nesta primeira edición do concurso establécese unha sóa categoría. Esta categoría estará composta por membros dentro das idades que se mencionan:

 Categoría única: Entre 8 e 18 anos. Non superando a media de idade de tódolos
membros os 16 anos.


REQUERIMENTOS


 Os grupos participantes deberán entregar a ficha de inscripción  debidamente cumprimentada.
Deberá disporse en todo momento dun documento acreditativo no que se reflictan os datos dos participantes. Os documentos será o DNI ou ,no seu defecto,o Libro de familia. Deberanse traer os orixinais por sea Organización require do seu contraste.

 Os datos dos participantes estarán protexidos pola Lei de Protección de datos e a organización poderá dispor deles.
Tamén deberán entregar a ficha de cesión de dereitos de imaxe, tendo que ser firmado polos pais/titores dos rapaces. Co fin de obter un arquivo gráfico, a organización realizará fotografías e videos do concurso. Estes documentos gráficos poderán ser empregados pola organización para mostrar ó público, así como para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos que se realicen.


CRITERIOS


  • O xuradoterá presente os seguintes criterios de cualificación:
  • Afinación e interpretación
  • Dificultade da peza
  • Orixinalidade das pezas, sempre respetando os patróns das pezas orixinais.
  • A Organización pode chegar a desestimar a realización do Concurso polo número de participantes inscritos, para así asegurar a equidade e competitividade.

PREMIOS

 
Terán dereito a trofeo e premio en metálico segundo a súa clasificación. Tamén teranse en conta as colaboracións dos distintos patrocinadores do acto.
  •  Primeiro Premio: Trofeo e 250 €
  •  Segundo Premio: Trofeo e 150 €
  •  Terceiro Premio: Trofeo e 100 € 


BASES CONCURSO


Modalidade: Cuartetos Tradicionais Juniors

  • Poderán participar grupos de tódalas Asociacións Folclóricas, Culturais, Centros Parroquiais, etc..., así coma de formación libre.
  •    Os grupos participantes deberán ter un nome para o cuarteto.
  • Os membros contarán con idades comprendidas entre os 8 e os 18 anos, non podendo   superar en ningún intre os 16 anos de media entre tódolos membros.
  • É obrigatorio o uso de traxes tradicionais galegos.
  • As gaitas e instrumentación de acompañamento deberán ser parte da cultura tradicional galega. Quedan totalmente excluídas as gaitas foráneas, así coma a percusión de material sintético.
  • A interpretación  constará de dúas pezas.
    •  A primeira peza, é de obrigado cumprimento a interpretación dunha peza das que se ofrecen do repertorio de Antonio Fernández. A interpretación será libre, valorándose a innovación mantendo a base o máis fidedignamente posible. 
    • A segunda peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. Podense combinar varios temas, sempre e cando, o total do tempo non supere o establecido nas bases. No caso de que a A. S. C. “Os Chaneiros” se vira requerida por parte da S.G.A.E. por mor da interpretación dunha peza de autor, remitiríaselle ó participante calquer gasto que este particular ocasionase.
  •   O xurado terá presente os seguintes criterios de cualificación:
    •     Afinación e interpretación
    •     Dificultade da peza
    •    Orixinalidade das pezas, sempre respetando os patróns das pezas orixinais.
  •  Os grupos participantes terán un tempo límite de 8 minutos. A actuación que supere dito tempo quedará descalificada.

  •  O concurso celebrarase o Domingo 8 de xullo, en horario de tarde (ás 18:00 horas), no Auditorio da Granxa de Briz, nunha única proba final. Os participantes do concurso deberán presentarse como mínimo, media hora antes do comezo do concurso (17:30).

  • O prazo de presentación para o concurso rematará o domingo 01 de xullo (quedará excluída toda inscripción realizada fóra desta data) .
  • O Xurado, poderá descalificar calquera grupo que non se ateña ás presentes bases. O xurado poderá esixir o DNI ou libro de familia dos membros de cada grupo. A decisión do xurado será inapelable.
  • A organización non se fará cargo de calquera desaparición de obxectos ou vestiario que se produza durante a realización do concurso.
  • Establecerase a seguinte cuantía de premios:
                Categoría Única:
                ·         Primeiro premio (250 € e trofeo)
                ·         Segundo premio (150 € e trofeo)
                ·         Terceiro premio (100 € e trofeo)
  • O grupo de Os Chaneiros actuarán en modo de exhibición, non concursando neste evento.
  • A participación neste concurso implica a aceptación das bases.
Descargas:

I Memorial Antonio Fernández


 “Marín, é unha das poucas cidades galegas que se honra de ter entre os seus cidadáns un número de persoas tan elevado, que entenden, viven e defenden a música folclórica da nosa terra, nunha palabra e un auténtico berce de melómanos.“

Grandes músicos naceron en Marín, como o exaltado compositor don Francisco Landín, pero foron moitos os que contribuíron a aumentar o legado musical deste Concello. Moitos deles aínda non teñen recoñecido a súa labor, este é o caso de Antonio Fernández Rodríguez.
Como herdeiros da súa obra, Os Chaneiros, non poden facer outra cousa que lle render homenaxe a un home que participou xunto co Padre Marino, nun proxecto inédito na súa época, apostando pola infancia, convertendo un grupo de cativos e cativas, en perfectos embaixadores da Tradición Musical Galega, como así o demostraron tanto dentro como fora de Galicia.
Moitos son os músicos que naceron deste proxecto, moitos os que seguen mantendo viva a tradición galega, incluso a nivel internacional como é o caso dos gaiteiros Budiño e Anxo Lorenzo. Todos eles destacan a súa figura dentro deste proxecto.

“Antonio Fernández  Rodríguez, músico de soleira que non para en facer novas tarefas para este grupo, o que axuda coa súa inestimable colaboración o continuo renovamento de músicos e obras.”

Antonio Fernández Rodríguez, nado en Estevesiños concello de Monterrey (1927-2011), foi músico de vocación, dende que ós 18 anos formara parte da Banda de Música Militar de Coruña, a súa vida estibo estreitamente vinculada a música. Xa en Marín, en 1952, únese como clarinete a unha banda de música subvencionada polo Concello de Marín  para animar festas e actos públicos. En 1973, inicia o seu traballo como bedel no Colexio San Narciso, momento no cal únese ó proxecto do Padre Marino Domínguez:  a creación dunha banda de gaitas infantil.
A labor de Antonio Fernández non só se limitou á formación da banda de gaitas infantil, senón que cabe destacar as numerosas cancións dedicadas e creadas para este proxecto que foi e grazas a el segue sendo “Os Chaneiros”.


Falar de Antonio Fernández é entender a importancia que ten a INFANCIA na transmisión da Música Tradicional Galega, na nosa Identidade. A estas alturas é imposible negar que ese proxecto que naceu fai 38 anos no Colexio Padres Paules, das mans do Padre Marino e Antonio Fernández, non tivo éxito, pois a semente que plantaron neses nenos e nenas segue dando o seu froito.
Aprendendo dos nosos orixes, queremos involucrar a todos os nenos e nenas na Tradición Musical Galega, non só como escola que xa somos, senón dando un paso mais, creando o MEMORIAL ANTONIO FERNANDEZ unha maneira de premiar e exaltar a dedicación deses rapaces e rapazas que traballan a prol da Cultura Galega, á vez que recoñecemos e poñemos en valor o importantísimo traballo levado acabo por Antonio.


ACTOS dentro do Memorial:
  •  ANIVERSARIO DA MORTE DE ANTONIO FERNANDEZ
  • PRESENTACION DO MEMORIAL ANTONIO FERNANDEZ
  • FESTIVAL INFANTIL DE MUSICA TRADICIONAL
  • CONCURSO INFANTIL DE MUSICA TRADICIONAL