Album de Fotos

viernes, 18 de julio de 2014







III MEMORIAL ANTONIO FERNÁNDEZ 2014
 ACTOS DO DIA 13 DE XULLO E FESTIVAL TRADICIONAL INFANTIL











miércoles, 9 de julio de 2014




 CENA 40 ANIVERSARIO no colexio PP.PP. San Narciso / ASOCIACION OS CHANEIROS


martes, 8 de julio de 2014

III Memorial Antonio Fernández 2014 & 40 Aniversario de OS CHANEIROS


O fin de semana deixounos a noticia da presentación por parte de Os Chaneiros dos actos do III Memorial Antonio Fernández que este ano coincide có 40 aniversario da fundación da agrupación musical organizadora.
Os compoñentes da asociación reunironse o venres 4 de xullo no Museo Municipal Manuel Torres para anunciar os detalles da celebración e todos os actos que se levarán a cabo con motivo do memorial. Ademáis aproveitaron a cita para nomear a Julio Santos Pena como Socio de Honra 2014. Tampouco faltou a tarta do 40 aniversario que todos os asistentes poideron degustar.



Neste acto tamén se inaugurou a exposición ‘Retrospectiva fotográfica 40 aniversario' na que se pode ver a evolución da agrupación nestes 40 anos.

Os actos do memorial, segundo anunciou a presidenta da asociación Lucia Budiño, desenvolveranse os dias 6 e 13 de xullo:

O domingo 6 de xullo celebrouse o concurso de cuartetos tradicionais, que tivo lugar no Multiusos de la Praza de Abastos e no cal participaron xóvenes de idades comprendidas entre os 8 e os 20 anos interpretando duas pezas, una de libre elección e outra do repertorio de Antonio Fernández. 
Dende a oganización gradecemos ós cuartetos a súa participación no concurso que se resolveu da seguinte maneira:

Durante o concurso tamén actuaron As Chaneiras, que ofreceron o publico asistente o seu novo repertorio.

O vindeiro domingo 13, celebrarase o Festival Tradicional Infantil, que comezará ás 17.30 horas coa recepción das agrupaciones participantes na Casa do Concello. Ás 18.00 horas terá lugar o pasacalles hasta a Alameda Rosalía de Castro e ás 19.00 horas dará comezo o festival.
As agrupaciónes convidadas son:

A.C.TROMPOS OS PES. Marín.
A.S.C. VECIÑOS DE LEIRA. Ordes.
A.C. PENAGUDA-DENA. Meaño.
A.F. MEIRAMAR-AXOUXERES. Moaña.