Album de Fotos

martes, 7 de abril de 2015

Comezamos a tempada 2015

Despois de varios meses de traballo, Os Chaneiros estreamos nova tempada de actuacións

Moitos ensaios en tódalas seccións: gaita, percusión, baile, cantareiras, coro...; garanten a boa imaxe que vai presentar o grupo neste 2015 e aseguran un espectáculo de ameno e de calidade para que todos e todas poidan desfrutar da cultura galega, a cal defendemos con orgullo respectando as tradicións o máis fielmente posible.

  • Comezamos o sábado 4 de Abril, coa actuación do noso cuarteto nos actos da Liberación da vila de Marín das tropas napoleónicas no ano 1809. A presencia de Os Chaneiros xa forma parte deste evento e garante o toque tradicional.



  • O luns de Pascua, 6 de Abril, Os Chaneiros actuaron na romería de San Cibrán en Tomeza, dando boa mostra das cancións e bailes preparadas durante o inverno.










Na procesión
    De concerto. Foto: Macame Pereira
Noticia en Pontevedra Viva                                  

Proximas actuacións:

  • O sábado 11 de Abril estaremos no "XX Festival de Baile Rexional" en Noalla, Sanxenxo, organizado pola Asociación Cultural "Airiños da Lanzada" a partires das 18:00. 




  • O domingo 12 de Abril participaremos no "Peter's Room" que este ano terá a sede en Marín, na Praza de Abastos.

"Peter´s Room" (11 e 12 de abril) na súa septima edición é un evento nado en Vilagarcía e é un escaparate para creadores emerxentes no que profesionales poderán dar a coñecer os seus servicios, produtos e marcas. É un proxecto creado con moita ilusión e creatividade, acompañado da mellor música. Haberá talleres, música, ludoteca e gastronomía.
Vinde este domingo de mañanciña para tomar o vermú con nos e desfrutar deste evento feito con tanto cariño.
http://www.petersroom.es/



  • O xoves 23 de Abril toca honrar a San Xurxo, e como tamén ven sendo tradición, Os Chaneiros farán acto de presencia na parroquia de Mogor en Marín, no día grande das festas do seu patrón. Realizarase un percorrido de mañanciña dos principales lugares de Mogor, e a festa continua coa misa e procesión na igrexa de Mogor, para rematar cun concerto no adro da igrexa.


  • O venres 1 de Maio estaremos en Cantodarea (Cantoarena), Marín de mañanciña. Esta vez, nas festas de San Xosé de Cantodarea no seu día grande e os actos consistirán nun pasarrúas ata cantodarea e, ás 13:00 unha exhibición de bailes de tódalas Asociacións Folclóricas de Marín na explanada de Cantodarea.

E isto de momento, que non é pouco. Iremos informando das seguintes actuacións.
Vinde con nós a desfrutar da música galega e das mellores festas galegas.

0 Responses: