Album de Fotos

domingo, 7 de junio de 2015

Os nenos necesitan a música para o seu desenrolo persoal e ésta lle aporta certos beneficios coma a aprendizaxe, concentración, seguridade, expresión corporal. Ademáis a música ten o don de acercar ás persoas, axúdandolles a convivir con outros rapaces.

A música de Antonio Fernández busca que os rapaces poidan interactuar uns cos outros seguindo as premisas anteriores e comunicándose nun idioma que puideran falar todos á vez, apoiándose e axudándose para o final expresar todos algo fermoso en conxunto.

A Asociación Artístico Cultural “Os Chaneiros”, coa colaboración do Concello de Marín  ten o orgullo de poder volver a honrar a memoria, e destacar a súa figura, do noso ben querido cofundador e compositor do propio Grupo de Gaitas, Don Antonio Fernández Rodríguez.

Coa meta de seguir perpetuando o Memorial e co fin de rememorar os maravillosos intres de anos pasados, xa se está a preparar o “III Memorial Antonio Fernández” cos fins de recordar o seu nome e ensalzar a súa obra, non só polos veciños de Marín, senón tamén en toda Galicia.

{As cancións de Antonio Fernández estaban compostas na súa gran maioría para rapaces, polo que o concurso irá enfocado a estes pequenos artistas.}
                                                                       

O Concurso celebrarase o Domingo 12 de Xullo na Alameda Rosalía de Castro de Marín, Pontevedra. 


E recordámos tamén que xunto co concurso celebrarase o Festival do Memorial.

MODALIDADE 


  Cuartetos de gaitas e percusión tradicional galega.

CATEGORIAS


Nesta edición do concurso establécese unha sóa categoría. Esta categoría estará composta por membros dentro das idades que se mencionan:

 Categoría única: Entre 8 e 20 anos.


A Organización do Concurso resérvase o dereito de crear máis categorías en función das solicitudes recibidas.

REQUIRIMENTOS

 Os grupos participantes deberán entregar a ficha de inscripción  debidamente cumprimentada.
Deberá disporse en todo momento dun documento acreditativo no que se reflictan os datos dos participantes. Os documentos será o DNI ou ,no seu defecto,o Libro de familia. Deberanse traer os orixinais por sea Organización require do seu contraste.

 Os datos dos participantes estarán protexidos pola Lei de Protección de datos e a organización poderá dispor deles.
Tamén deberán entregar a ficha de cesión de dereitos de imaxe, tendo que ser firmado polos pais/titores dos rapaces. Co fin de obter un arquivo gráfico, a organización realizará fotografías e videos do concurso. Estes documentos gráficos poderán ser empregados pola organización para mostrar ó público, así como para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos que se realicen.

CRITERIOS

  • O xurado terá presente os seguintes criterios de cualificación:
  • Afinación e interpretación
  • Dificultade da peza
  • Orixinalidade das pezas, sempre respetando os patróns das pezas orixinais.
  • A Organización pode chegar a desestimar a realización do Concurso polo número de participantes inscritos, para así asegurar a equidade e competitividade.

PREMIOS

Terán dereito a trofeo e premio en metálico segundo a súa clasificación. Tamén teranse en conta as colaboracións dos distintos patrocinadores do acto.
  •  Primeiro Premio: Trofeo e 200 €
  •  Segundo Premio: Trofeo e 100 €
  •  Terceiro Premio: Trofeo
  • Os dez primeiros cuartetos serán gratificados con 40 € en concepto de achega para os gastos de
    desprazamento.